29/05/2009

GALINUX.

29/05/2009 10:28 Autor: Noelia. Enlace permanente. Tema: Web2.0. No hay comentarios. Comentar.

20/05/2009

Os ordenadores ensinannos solos.

O presidente do goberno quere dixitalizar o sistema educativo para ofrecer novas formas de aprender.

Este plan prevé darlle ordenadores a tódolos alumnos de centros públicos e privados dende 5º de primaria ata 4º de ESO e empezará no mes de setembro polos alumnos de primaria. Cada alumno poderá levar o ordenador a casa.

O obxectivo é darlle un xiro a ensinanza na forma de ensinar  e aprender polo tanto o cambio será brusco. Agora será o alumno o que dispón de moita máis información da que puido dispor o profesor en tempos. Con este novo plan os alumnos pasarán de non utilizar nunca ou case nunca o ordenador a utilizalo en cada asinatura.

A principal critica de alguns centros educativos e que este plan non freará o abandono  escolar.

O profesorado sufrirá sobre todo no primeiro ano un cambio radical na sua forma de traballar na aula pero tamén é certo que a sociedade cambiou moito sobre todo na ensinanza ata fai só unha década.

O uso máis habitual de utilizar internet entre os adolescentes é só para xogar ou para comunicarse nas redes sociais.

20/05/2009 11:21 Autor: Noelia. Enlace permanente. Tema: Artigos interesantes. No hay comentarios. Comentar.

19/05/2009

REDES SOCIALES.

Harfoush explicou en Barcelona como utilizar as tecnoloxias e as diferentes posibilidades que ofrece internet para dar a coñecer un candidato e evitar a dependencia que os partidos teñen dos medios convencionales á hora de vender o seu "programa".

O presidente de EEUU, Obama obtivo a través de Internet o 67% dos 750millóns de dólares, mais do doble que o seu contrincante McCain, que tan só recaudou 360 millóns.

Harfoush participou na sesión inaugural na XI edición do BDigital Congress a cal reunirá a expertos  sobre os avances e usos das tecnoloxías da información e comunicación, e que este ano centrarase nos ámbitos da saúde, da seguridade e da movilidade.

Obama tamén barreu a McCain nas redes sociales xa que dende Facebook ou Myspace apoiaron o que hoxe é o presidente.

19/05/2009 12:38 Autor: Noelia. Enlace permanente. Tema: Artigos interesantes. No hay comentarios. Comentar.

30/04/2009

Hora de armarse contra a pandemia.

20090430141456-lunapic-124107539519716.gif

Os mecanismos creados en 2003 contra a gripe aviar estanse activando agora contra a gripe porcina.

Nos organismos internacionales crearonse os comités e os protocolos para actuar en caso nunha pandemia de gripe.

A organización mundial da saúde (OMS) dixo que o virus, orixinado en México non se poderá deter. Polo tanto  hai que centrarse en mitigar este virus que leva a velocidade dun cruceiro.

En España confirmouse un segundo caso. Un valenciano que veu procedente de México e ingresou no hospital na Fe de Valencia. Esta estable e completamente normalizado. Hai 32 casos en seguimento.

Este virus estendeuse xa outros países como: EEUU, Canadá, Reino Unido. Nova Zelanda, España etc.

O responsable da OMS sacou o caso español de 1918, que foi unha gripe considerada en nivel leve e finalmente acabou matando entre 25 e 50 millóns de persoas.

Agora mesmo o virus esta na fase de nivel cuatro e en México xa morreron máis de cen persoas.

30/04/2009 14:13 Autor: Noelia. Enlace permanente. Tema: Artigos interesantes. No hay comentarios. Comentar.

29/04/2009

FASME OS DEBERES?

20090429112018-nino-con-ordenador.jpg

En internet existe a páxina: ¿ fago os teus deberes?. Consiste en que che cobran dende 5€ por faer os deberes mais fáciles ata 30€ os mais complicados. A traves dun e-mail explicaslle brevemente como os queres e xa está.

Esta páxina foi creada fai un mes pero a día de hoxe xa non existe despois de que pais, profesores e políticos franceses atoparan unha similar a esta  protestaran e entre todos lograron cerrala. Moitos estudantes ven que internet é un cortapaga fácil rápido e gratis e non é así xa que foi creado coa finalidade de informar rápidamente e de forma educativa.

A xuventude entre 12-21 anos utiliza internet para sacar información e facer os traballos según unha enquisa feita no ano 2006. A porcentaxe foi elevada (59.9%).

Antes ías a biblioteca e lías e copiabas a información polo tanto aprendías algo. Agora o que se fai e buscar en Internet e baixar o traballo que nin sequera se molestan en ler pero os profesores sí se dan conta do que esta pasando últimamente porque no traballo aveces aparecen  frases ou comentarios escritos  que os propios alumnos non entenden e os profesores saben cal é a capacidade que ten cada alumno.

Tamén hai que dicir que non todos somos iguais e que si existen alumnos que utilizan internet para buscar información ou conectarse ao messenger para consultar dudas con outros compañeiros.

29/04/2009 11:20 Autor: Noelia. Enlace permanente. Tema: Tics. No hay comentarios. Comentar.

14/04/2009

HISTORIA DO DNI

20090414122822-dni.jpg

O DNI cumpre esta semana sesenta anos. O decreto aprobouse en marzo de 1944 pero Franco, que foi o primeiro en estrealo, tivo que esperar ata 1951 para telo.

Fíxose coa finalidade para ter mellor controlados os españois.

Os primeiros obligados en telo foron os presos que permanecían en liberdade vixiada. Os segundos obrigados  foron as persoas que mudaban de domicilio continuamente por cuestión de negocios. Os terceiros foron os varóns que residían en cidades de máis de 100.000 habitantes. Logo os homes  que vivían nas locadidades  entre 25.000 e 100.000 hab. E por último as mulleres que viaxaban por cuestións de traballo.

Como ben dixen ó principio Franco reservou para el o número un por ser o xefe de Estado naquel entón. A Familia Real asinouselle dende  o 10 ao 99 excluíndo o número trece que neste caso lle tocaría ao Príncipe Felipe pero foi anulado por pura supersticón e tocoulle o 15. O Rei leva o núm. 10.

14/04/2009 12:28 Autor: Noelia. Enlace permanente. Tema: Artigos interesantes. No hay comentarios. Comentar.

24/03/2009

Correo electrónico equivocado.

20090324132254-lunapic-123787561714175.gif

Gmail permite cancelar o envío dun e-mail pero ten que ser antes de que pasen cinco segundos despois de haber pulsado "enviar".

o buscador de internet anunciou no seu blog comparativo o lanzamento de "Und Send" unha ferramenta que suspende o envío do correo se nos arrepentimos os cinco segundos de habelo enviado.

No pasado mes de octubre tamen lanzou " mail googles" que é un sistema creado para que non che permita enviar nada e dicir primeiro tes que facer un exame para poñer a proba os teus coñecementos e logo xa podes enviar o que queiras.Este sistema esta pensado para as persoas en estado de embriaguez pero tamen o poden utilizar quen queira pola semana pero solo funciona pola noite.

Und send e mail googles parecenme dous programas moi útiles.

24/03/2009 13:22 Autor: Noelia. Enlace permanente. Tema: Tics. No hay comentarios. Comentar.

17/03/2009

APROVEITAR AS OLAS PARA ESTUDAR O OCÉANO

Dous científicos importantes crearon un vehículo chamado Wave Glider que sirve para ver as condicións atmosfericas  e a superficie marina.

O que queren conseguir os cientificos é convertir a enerxía das olas en electricidade. Fixeronse moitos intentos para chegar a conseguir esto pero todos fracasaron menos este.

O Wave Glider é unha plataforma que flota e un planeador sumerxido unidos por un cable. Os paneis solares do flotador suministran enerxía para os instrumentos, o timón e as comunicacións por satélite.O subir as olas, levantan o flotador  e elevan o planeador, para isto non se necesita enerxía eléctrica.

O planeador tamén recolle datos sobre as baleas e sobre o cambio climático                                                                                                                                    

17/03/2009 13:32 Autor: Noelia. Enlace permanente. Tema: Tics. No hay comentarios. Comentar.

INTERNET EN TÓDOLOS SITIOS

20090317132603-red-wifi-en-casa.jpg

Cada vez é moito máis fácil aceder a internet xa que hoxe en día podese conectar calquera parsoa non só dende o ordenador senón tamen dende teléfonos moviles,consolas ou mesmo dende dispositivos electrónicos.

Para ter internet en tódolos sitios na casa podese instalar por cables montando unha red dende o punto donde se accede a internet e distribuíndo o sinal mediante un dispositivo chamado hub que fai a función múltiple de enchufes pero cunha base de datos. Ademais son dispositivos que se atopan en calquera tenda de ordenadores e son moi baratos.

Tamen se pode aceder sen cables a través da conexíon wifi pero esta conexión (sen cables) é moito máis lenta.

É fácil crear redes que misturan wifi e as conexións por cables.

17/03/2009 13:26 Autor: Noelia. Enlace permanente. Tema: Web2.0. No hay comentarios. Comentar.

11/03/2009

DNI ELECTRÓNICO

20090311120336-dni-electronico.jpg

Unha vez máis a tecnoloxía volve a sorprendernos porque agora ata o DNI é electrónico, Esta é unha ventaxa porque podes facer xestións dende calquera ordenador. Desta maneira o antigo DNI esta condenado a desaparecer.Para activalo tes que ter un lector de DNIe e baixarse o programa software e desta simple maneira aforras moito tempo.As ventaxas que ten son múltiples:solicitar a vida laboral, arreglar os papeis do paro, reclamar polo desempleo,conseguir certificacións de calquera cousa, consultar os puntos do carnet de conducir, para inscribirte en oposicións etc.

O único inconvinte que ten e que isto non esta vixente en tódalas comunidades xa que hai lugares que non dispoñen desto.

11/03/2009 12:03 Autor: Noelia. Enlace permanente. Tema: Tics. No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.