Blogia
noeliareigada

FASME OS DEBERES?

FASME OS DEBERES?

En internet existe a páxina: ¿ fago os teus deberes?. Consiste en que che cobran dende 5€ por faer os deberes mais fáciles ata 30€ os mais complicados. A traves dun e-mail explicaslle brevemente como os queres e xa está.

Esta páxina foi creada fai un mes pero a día de hoxe xa non existe despois de que pais, profesores e políticos franceses atoparan unha similar a esta  protestaran e entre todos lograron cerrala. Moitos estudantes ven que internet é un cortapaga fácil rápido e gratis e non é así xa que foi creado coa finalidade de informar rápidamente e de forma educativa.

A xuventude entre 12-21 anos utiliza internet para sacar información e facer os traballos según unha enquisa feita no ano 2006. A porcentaxe foi elevada (59.9%).

Antes ías a biblioteca e lías e copiabas a información polo tanto aprendías algo. Agora o que se fai e buscar en Internet e baixar o traballo que nin sequera se molestan en ler pero os profesores sí se dan conta do que esta pasando últimamente porque no traballo aveces aparecen  frases ou comentarios escritos  que os propios alumnos non entenden e os profesores saben cal é a capacidade que ten cada alumno.

Tamén hai que dicir que non todos somos iguais e que si existen alumnos que utilizan internet para buscar información ou conectarse ao messenger para consultar dudas con outros compañeiros.

0 comentarios