Blogia
noeliareigada

Os ordenadores ensinannos solos.

O presidente do goberno quere dixitalizar o sistema educativo para ofrecer novas formas de aprender.

Este plan prevé darlle ordenadores a tódolos alumnos de centros públicos e privados dende 5º de primaria ata 4º de ESO e empezará no mes de setembro polos alumnos de primaria. Cada alumno poderá levar o ordenador a casa.

O obxectivo é darlle un xiro a ensinanza na forma de ensinar  e aprender polo tanto o cambio será brusco. Agora será o alumno o que dispón de moita máis información da que puido dispor o profesor en tempos. Con este novo plan os alumnos pasarán de non utilizar nunca ou case nunca o ordenador a utilizalo en cada asinatura.

A principal critica de alguns centros educativos e que este plan non freará o abandono  escolar.

O profesorado sufrirá sobre todo no primeiro ano un cambio radical na sua forma de traballar na aula pero tamén é certo que a sociedade cambiou moito sobre todo na ensinanza ata fai só unha década.

O uso máis habitual de utilizar internet entre os adolescentes é só para xogar ou para comunicarse nas redes sociais.

0 comentarios