HISTORIA DO DNI
O DNI cumpre esta semana sesenta anos. O decreto aprobouse en marzo de 1944 pero Franco, que foi o primeiro en estrealo, tivo que esperar ata 1951 para telo.
Fíxose coa finalidade para ter mellor controlados os españois.
Os primeiros obligados en telo foron os presos que permanecían en liberdade vixiada. Os segundos obrigados foron as persoas que mudaban de domicilio continuamente por cuestión de negocios. Os terceiros foron os varóns que residían en cidades de máis de 100.000 habitantes. Logo os homes que vivían nas locadidades entre 25.000 e 100.000 hab. E por último as mulleres que viaxaban por cuestións de traballo.
Como ben dixen ó principio Franco reservou para el o número un por ser o xefe de Estado naquel entón. A Familia Real asinouselle dende o 10 ao 99 excluíndo o número trece que neste caso lle tocaría ao Príncipe Felipe pero foi anulado por pura supersticón e tocoulle o 15. O Rei leva o núm. 10.
0 comentarios