Blogia
noeliareigada

Artigos interesantes

Os ordenadores ensinannos solos.

O presidente do goberno quere dixitalizar o sistema educativo para ofrecer novas formas de aprender.

Este plan prevé darlle ordenadores a tódolos alumnos de centros públicos e privados dende 5º de primaria ata 4º de ESO e empezará no mes de setembro polos alumnos de primaria. Cada alumno poderá levar o ordenador a casa.

O obxectivo é darlle un xiro a ensinanza na forma de ensinar  e aprender polo tanto o cambio será brusco. Agora será o alumno o que dispón de moita máis información da que puido dispor o profesor en tempos. Con este novo plan os alumnos pasarán de non utilizar nunca ou case nunca o ordenador a utilizalo en cada asinatura.

A principal critica de alguns centros educativos e que este plan non freará o abandono  escolar.

O profesorado sufrirá sobre todo no primeiro ano un cambio radical na sua forma de traballar na aula pero tamén é certo que a sociedade cambiou moito sobre todo na ensinanza ata fai só unha década.

O uso máis habitual de utilizar internet entre os adolescentes é só para xogar ou para comunicarse nas redes sociais.

REDES SOCIALES.

Harfoush explicou en Barcelona como utilizar as tecnoloxias e as diferentes posibilidades que ofrece internet para dar a coñecer un candidato e evitar a dependencia que os partidos teñen dos medios convencionales á hora de vender o seu "programa".

O presidente de EEUU, Obama obtivo a través de Internet o 67% dos 750millóns de dólares, mais do doble que o seu contrincante McCain, que tan só recaudou 360 millóns.

Harfoush participou na sesión inaugural na XI edición do BDigital Congress a cal reunirá a expertos  sobre os avances e usos das tecnoloxías da información e comunicación, e que este ano centrarase nos ámbitos da saúde, da seguridade e da movilidade.

Obama tamén barreu a McCain nas redes sociales xa que dende Facebook ou Myspace apoiaron o que hoxe é o presidente.

Hora de armarse contra a pandemia.

Hora de armarse contra a pandemia.

Os mecanismos creados en 2003 contra a gripe aviar estanse activando agora contra a gripe porcina.

Nos organismos internacionales crearonse os comités e os protocolos para actuar en caso nunha pandemia de gripe.

A organización mundial da saúde (OMS) dixo que o virus, orixinado en México non se poderá deter. Polo tanto  hai que centrarse en mitigar este virus que leva a velocidade dun cruceiro.

En España confirmouse un segundo caso. Un valenciano que veu procedente de México e ingresou no hospital na Fe de Valencia. Esta estable e completamente normalizado. Hai 32 casos en seguimento.

Este virus estendeuse xa outros países como: EEUU, Canadá, Reino Unido. Nova Zelanda, España etc.

O responsable da OMS sacou o caso español de 1918, que foi unha gripe considerada en nivel leve e finalmente acabou matando entre 25 e 50 millóns de persoas.

Agora mesmo o virus esta na fase de nivel cuatro e en México xa morreron máis de cen persoas.

HISTORIA DO DNI

HISTORIA DO DNI

O DNI cumpre esta semana sesenta anos. O decreto aprobouse en marzo de 1944 pero Franco, que foi o primeiro en estrealo, tivo que esperar ata 1951 para telo.

Fíxose coa finalidade para ter mellor controlados os españois.

Os primeiros obligados en telo foron os presos que permanecían en liberdade vixiada. Os segundos obrigados  foron as persoas que mudaban de domicilio continuamente por cuestión de negocios. Os terceiros foron os varóns que residían en cidades de máis de 100.000 habitantes. Logo os homes  que vivían nas locadidades  entre 25.000 e 100.000 hab. E por último as mulleres que viaxaban por cuestións de traballo.

Como ben dixen ó principio Franco reservou para el o número un por ser o xefe de Estado naquel entón. A Familia Real asinouselle dende  o 10 ao 99 excluíndo o número trece que neste caso lle tocaría ao Príncipe Felipe pero foi anulado por pura supersticón e tocoulle o 15. O Rei leva o núm. 10.

Tuenti

Tuenti

É a páxina máis visitada en España pola poboación española. Foi creada en 2006 por un estudante americano que reside en Madrid. Para acceder a esta páxina teñen que te invitar é o que lle permite ó usuario e subir fotos, contactar con amigos, publicar videos.........Nel tamén podes crear o teu perfil poñendo os teus datos persoais o nome a idade o enderezo etc.

Tamén ten un buscador para encontrar a outras persoas introducindo os seus datos.

É unha páxina moi práctica para persoas que cambian moito de lugar porque a través dela podes contactar con xente que coñeciches e que non tes contacto con ela frecuentemente. Ademais esta páxina solo a poden utilizar persoas maiores de catorce anos aunque hoxe en día utilizaia calquera porque introducen datos que non son reais e iso non hai maniera de detectalo.

Rafa Nadal

Rafa Nadal

É xogador de tenis profesional que naceu o 3-6-1986. Nadal é o actual número un do tenis despois de arrabatarlle o título a Roger Federer. Gañou tres veces Roland  Garros  de forma consecutiva, campeón do torneo de Winbledom e actualmente campeón do open de Australia.  Levou no 2008 a medalla de ouro dos xogos olímpicos de Pekín e non xogou a final da copa Davis debido a unha lesión nunha perna.

Sen duda é un dos tenistas que fixo historia no deporte español e xa destaca entre os grandes como Manolo Santana e Carlos Moyá.

O peliqueiro

O peliqueiro

En Laza o peliqueiro é a personaxe central do entroido. O peliqueiro vai máis alá dun simple disfraz para convertirse dun sentimento. El é o rei, é o dono absoluto da festa.

 Os seis chocos é a peza fundamental que avisa da súa presenza. Estan feitos de ferro e bronce e pesan cada un deles kilo e medio e van suxeitos á cintura grazas a un cinturón de pel. Aparte de esta peza tamén esta a careta, o pantalón, a zamarra e a chaqueta.

Acareta esta feita de madeira para que pese menos. Dela colgan dous pompóns e os debuxos son sempre animales.

A zamarra sirve para pegarlle a aqueles que non respetan o peliqueiro e se lle interpoñen no camiño.A camisa ten que ser blanca e a corbata  como queiras. Tamén leva unha faixa, medias e ligas.

O cigarrón de Verin son unha réplica dos peliqueiros xa que os peliqueiros datan dende o século quince.

Este entroido é o máis enxebre da provincia ourensá xa que seguen a tradicción dende hai séculos.